Por moito co penso, non podo entendelo porque do cambio de nomo o río Edo. Resulta que dende hai uns anos, e por cuestión de que algunha xente da comarca de Caldelas, se le meteo na testa, o río Edo pasou a chamarse "Río Caldelas".
E o que me resulta máis difícil de entender é que os politicos desta zona, lle fagan caso a esa xente. É totalmente ridículo que do día para a noite, un río que forma parte da historia pase a cambiar de nome. Sería a mesma atrocidade que hoxe o Castro Caldelas lle quixesen cambiar de nome..
Creo que debería deixar de meterse cos nomes dos lugares e ríos e se dedicasen a promover máis esta zona. Moito "Río Caldelas", e logo resulta que cun pouco de sorte aparecemos nalgún mapa de estradas. E se nos vamos a Internet e buscamos esta localidade, aparece unha única Web feita por un particular..
Decirlle a esta xente que o río sempre será Edo, porque a xente que vive preto del así o coñece e así o chama. Incluso os montes que rega, levan parte dese nome. Temos o exemplo do monte de Alais, chamado Sobredo, (Nome que ven de Sobre + Edo). O pobo situado na montaña da Carosa chamase Montoedo, (Nome que ven de Monte + Edo). Entonces tamén teremos que buscarlle outros nomes a estes dous montes.
Por último recordarlle a todalass aquelas personas que visiten esta zona, que cando vexan un cartel co nome do "Río Caldelas", están sendo mal informados, porque o verdadeiro nome é RIO EDO.
Anónimo.