| |
O famoso BERNARDO, home de ben, según os que o coñeciane trataron e o que a fatalidade o converteu nun delincuente “legal” e en “fuxído da xustiza ”. O parecer, todo empezou cando estaba cumprindo o servizo militar fóra de Galicia e recibiu carta da familia na que lle comunicaban ca sua nai estaba gravemente enferma e lle quedaban pucos días de vida. Pidíu permiso para vir a vele e foille denegado, polo que decidiu abandoalo cuartel coa esperanza de encontrala viva. Posiblemente descoñecia a transcendencia do seu facer; o caso e que foi declarado fuxido e antes de incorporarse de novo o seu destino, debeu ser detido pola Garda Civil, foi Xulgado por un Tribunal Militar e condeado a pena moi grave, que cumpría, o parecer, no Cárcere de Santoña. Algunha habilidade innata debía ter, según evidencian outras anécdotas da súa vida; o feito certo e que logrou fuxir do Penal, regresou a súa terra de orixee nela viviu oculto o resto dos seus días, buscado pola Garda Civil, pero protexido e amparado polos seus convecinos, que coñecian as suas andanzas, e nunca o detiveron nin descubriron agás algún caso extremo. Había contra él orden de “busca e captura” a nivel nacional, do que tiveron constancia os veciños da Abeleda que se trasladaron a Burgos, por razons de traballo, e o ter contacto ca Garda Civil e coñecer ésta o seu lugar de procedencia, preguntaronlles por BERNARDO, o que relacionaban co nome do pobo. A súa vida na comarca era rutinaria. O anoitecer, achegabase a casa de veciños e amigos, ou dos seus familiares, e con eles comñia a taza de caldo que lle daban. Pasaría as noites nalgunha “casarella” das viñas, ou nalgun “sequeiro”, si estaban cerrados, coa complicidade dos donos, porque era tido por home de ben, que non facía mal a ninguen. O presente relato ten relación directo co tramo de camiño que vai dende a ponte da Boga ata o Sil, pois BERNARDO levaba algún tempo refuxiado no “Lagar do Couto”, situado nesta zona, propiedade da familia Taboada, dona do Pazo do Couto, en Sampaio, e co seu consentimento. Parece ser que outra familia, da mesma Parroquia, enemistada ca primera, puxo en conocemento da Garda Civil, coa intención de complicar Os Taboada. Unha noite presentase unha parexa da Garda Civil na porta do “Lagar do Couto”, segura de que as fuxidas de BERNARDO se esgotaran; pero él non se daba por vencido e, o decatarse da súa presencia, ben porque intentasen forzala porta ou porque o intimasen a rendirse, emprendeu unha carreia dende a porta ata a parte posterior na que existe unha fiestra e dende ela tirou unha pedra que tiña preparada, simulando así o salto dunha persoa e a posterior fuxida, co cal, a Garda Civil, convencida de que BERNARDO fuxira pola parte posterior, tratou de localizalo viñas abaixo; e cando él comprobóu, dende o interior, que se alexaran bastante, saíu tranquilo pola porta e puxose a salvo subindo hacia a parte alta de Castagaoio, dende donde dominaba perfectamente a situación, no suposto de que intentasen perseguirlo. |
|