Historia dun asasinato
 


Neste pobo como noutros moitos de Galicia, tamén tivo os seus días de traxedia. Iste feito contado por un veciño de Abeleda, tivo lugar ala polo ano 1945.
Xosé o desafortunado protagonista da historia, alcumado “O Inverno”, sufríra unhas semáns antes do seu asesinato, un roubo na súa casa, situada no lugar da Nogueira. Non era un home adiñeirado, pero para a época na que se sitúa o feito tiña bastantes medios económicos, tiña bastantes terras que fora comprando os veciños desta aldea. Como normalmente se acostuma a facer cando acontece algo similar, foi a denuncialo a casa cuartel da Garda Civil de Castro Caldelas, que tras recibila denuncia presentaronse na casa do “Inverno” para investigalo roubo e tomar declaracións do afectado, o cal por feitos e situación do caso, dixolle a parexa de Garda Civiles que sospeitaba dun veciño seu que vivía un par de metros da súa casa.
Este veciño chamábase Eladio, naceu na Abeleda, o seu pai era de Asturias e a súa nai dun pobo preto da Abeleda chamado Susaos. O coñecer a nova de que “O Inverno” o acusara do roubo e tras quedar en liberdade pola Garda Civil xa que non tiña probas suficientes de que fora o autor do roubo, decidiu tomala xustiza pola súa conta. Deixou pasar uns días, e buscou un lugar algo afastado do pobo pala cometelo seu crimen.
Tras pasar uns días como comentei antes, “O Inverno” unha mañá foi a traballar as súas terras. Estaba a traballalas pala sementa-lo trigo. Parece ser que o Eladio viña de acabar o seu xornal, cando de supeto encontrouse con Xosé “O Inverno”, e sen pensalo dúas veces acercouse por detrás coa súa machada e pegoulle un machetazo na testa, arrancandolle parte da orella e da testa. Despois seguíu tranquilo ata a súa casa. Polo contrario a súa víctima quedou malferido y puido arrastrarse uns 500 metros ata a que hoxe e a estrada que une Monforte de Lemos e Castro Caldelas, donde se sitúa hoxe a “Adega Cachín”. Ali foi socorrido por outros veciños que o viron chegar malferido e ensangrentado pero solo se lle entendía – “Foi o dos guardias, foi o dos guardias”-. O decir isto desfaleceuse e morreo

 
   
 
   
   

 

 
   
   
   
   
   
     
Páx: 1