Conta o veciño que me contou iste brutal feito que despois, Ricardo veciño de “O Inverno”, alcumado “O Morangainas”, dixolle que lle daba 50 pesetas, pro que tiña que ir avisar os fillos do falecido que se foran a vivir o pobo de Forcas, uns 15 Kilómetros a pé por sendeiros entre o monte, pero naqueles tempos 50 pesetas eran moito diñeiro e decidiu facelo. Comentame aínda hoxe con algo de amargura –“ ¡Pasei moito medo!, era un neno xa que aínda non fora nin o servicio militar, fixéraseme de noite no medio do monte e eu non sabía moi ben como chegar a casa dos fillos, pero naquela época 50 pesetas aínda eran cartos.”
Despois o Eladio foi detido e non se soupo máis del nin da súa familia. Hoxe en día aínda esan as ruinosas paredes da súa casa no lugar da Nogueira