O Liño .
 

----Hai un longo proceso dende que se sementa o liño ata que podemos facer un tecido con este material. Tamén aclarar, que dependendo das zonas de Galicia, este proceso pode variar un pouco. A proceso que aquí se conta, esta recollido do que me contan as avóas da zona de Caldelas, zona a cal pertence a Abeleda.
SEMENTADO.
----O tempo axeitado para sementalo liño e no mes de xaneiro ou febreiro. Escolliase unha terra que botase pouca herba e fose seca. Primeiro sachabase ben a terra e despois sementabase a liñaza, para logo pasalo o engazo. Dalí a un mes habia que arrancalas herbas.
ARRANCADO E RIPADO.
----Polos finais de maio, cando a pranta se poñia de cor amarela, arrancabase coa raíz e poñíase en feixes para levalo para a casa e posteriormente ripalo, que non é outra cousa que quitarlle a semente, para o ano seguinte volvela a sementar. Para que o liño abrandase, metiase durante uns nove días nun pozo con auga estancada. Logo quitabase en feixes para lavalo e máis tarde estendelo nun campo para que lle pegase permanentemente o sol e secalo.
MAZADO.
----Nos meses de verán sacabanse os mollos secos e botabanse de un en un, nun campo ben soleado unhas horas, ata que estivese ben quente, transcurrido este tempo recollese e ponse no "mazadoiro" para mazalo. Posteriormente o liño mazado fregabase nunha pedra como cando se lavaba antigamente a roupa.
ESPADELADO.
----Co espadelado o que querían conseguir era quitarlle todolos tascos, para conseguir que o liño quedase moi fino. Para que non se liase, enrolabase en estrigas.
RESTRELADO.
----O facer o proceso do restrelado, obtiñan dúas febras, unha boa que era o liño, e a outra mala, que era a estopa.


 
 
   
   

 

 
   
   
   
   
   
  Siguiente     Salir del Artículo