FIADO.
----Para este proceso compren dúas ferramentas especificas, que son a Roca e o Fuso. Enrolamola estopa na parte mais grosa da roca, despois coa man da persoa, vai facendo xirar o fuso que se encarga de fiar o liño. Mentres se fia o liño iase facendo mazarocas, cerros etc para que non se fagan nodos.
REBANADO.
----As unidades feitas anteriormente, han de ser debanadas para que sexa máis fácil levalas. Ese traballo faise para que o liño colla unha nova forma.
CLAREO.
----Neste proceso poñiase nunha ola grande con cinsa colgado dunha barra que a atravesaba, tiñan que estar cubertas de auga e sobre o lume durante media hora. Cando se observaba que a cor castaña que tiña o liño se poñía de cor branca, recolliase as marañas de liño e pasabanse por auga nun lavadoiro. Unha vez que o liño esta limpo, e para que seque, estendiase o longo dun pao o sol.
TECIDO.
----Este e o derradeiro proceso polo que pasaban as nosas avóas o liño. Poñiase na debanadoira para desenrolar as marañas para facerlos novelos que son os que se levaban as tecedoiras para facer o tecido.