..... Nace Maite Vázquez no 1940 a os pes do castelo de Castro Caldelas , unha típica vila galega de potsguerra, onde o barullo dos días de feirae o axetreo do comercio que rexentan os seus pais, que foron emigrantes en Cuba, deixan estampas nos seus ollos de nena, que inspiran os seus primeiros debuxos.
..... O feito de recibir como regalo de Vicente Risco os seús primeiros pinceles e os seus primeiros ánimos, motivanlle para atreverse co óleo. Pintao todo, desde copias dos impresionistas, ata cadros personalísimos, con matices expresionistas e un atrevemento no color casi "fame". |
..... O poeta Casado Nieto , nun dos seus veráns na vila, ademaís de darlle un gran estuche de óleos , anima para expoñer a súa primeira obra. Será a súa primeira exposición no Museo Arqueolóxico de Ourense, con veintiun anos de idade. Animada polo éxito obtido, recibe clases do pintor Vidal Lombán , durante catro anos, antes de finalizar a carreira de Maxisterio.
..... Comenzará despois unha intensa labor no campo da Expresión Plástica Escolar, impartindo clases en diversos centros, e escolas de verán, colaborando con grupos de teatro, creando compañías títeres, recuperando esquecidas festas populares, hoxe xa rescatadas definitivamente e levando a cabo numerosas actividades artísticas para fomentar a creatividade na escola.
..... Tanto esta entrega desinteresada e menos recoñecida socialmente que as labores puramente escultóricas y pictóricas, como o compromiso polo cumprimento dos seus deberes familiares, impedironlle a exhibición da súa obra coa frecuencia deseada, pero non a de compartir una añorada época do arte galego con Lodeiro, Laxeiro, Sucasas... no Vigo dos anos setenta y ochenta.
..... No 1989 abandona a súa actividade docente para entregarse por completo a sua actividade artística. |