A orixe do nome de "ABELEDA"
 

Sostíña algún visitante que chegaba a aldea por primeira vez, que o nome non estaba ben escrito, pois debía de escribirse con V e non con B, e argumentaba que o termo significa AVE ALEGRE ou CONTENTA (AVE-LEDA). Aparentaba ter razón, pero a tese non parecía correcta, porque hai moitos pobos na provincia de Ourense, que teñen ese nome, en diferentes zóas; de montaña ou de val, de clima moi frío ou temprado. Por elo se fai necesario mergullarse un pouco no tema, para chegar a esta conclusión: Etimolóxicamente procede da palabra galega ABELEDO, que significa "ABELEIRA" ou terra prantada de ABELEIRAS. En galego existe tamén os termos ABELEDA e ABELEIRA, para chamar a árbore da abeleira, ou o froito que produce (abelá). O nome correctamente escrito, con B procede de ABELEDO, aínda que adoptou a forma femenina "ABELEDA" e significa "terra de abelás". É indudable que en tempos máis ou menos remotos a abeleira tivo moita importancia na zona, que comprendía, sen dúbida, todo o val, pois na documentación da Igrexa figuran tres Parroquias coa denominación de ABELEDA; Santa María de Abeleda, San Paio de Abeleda e Santa Tegra de Abeleda. Ignórase cal foi a causa da desaparación das abeleiras, poideron ser causas naturais, abandono ou intervención directa do home para sustituílos por outras especias máis rentables. Nos anos cincuenta do pasado século, aínda se vían varios exemprares solitarios. Había unha pranta no camiño de Celeirón cerca da actual adega cooperativa Ponte da Boga a escasos 100mts da estrada, outra nas proximidades da Minicentral no própio Celeirón. Ámbalas daban abelás en tódalas tempadas aínda que de escaso tamaño. Na orta de Don Manolo, no barrio de A Longra, había un ou máis exemprares prantados ali pola orde do dono. No barrio de Vilela, actualmente abandoado, prantáranse varias prantas que aínda alí perduran.

 
   
 
   
   

 

 
   
   
   
   
   
      D. Carlos González Costoya. Salir del Artículo