|
|
Estanque de auga, realizado sobre o río Edo o seu paso por este pobo. A súa construcción foi relizada fai aproximadamente uns dez anos, co obxetivo de piscina natural. Está situada parte no concello de Castro Caldelas y parte no da Teixeira, concello o cal pertence a Abeleda. É apta para o baño coa ventaxa de que a auga é totalmente natural. Conta con vestiarios, e unha fonte de auga potable nas beiras do río.
|
|
|
|
Dúas construccións pertencentes o pobo.. A abadía, que pertenceu a Casa de Alba, quien a cedeu o pobo para o aloxamento do párroco, está totalmente en estado ruinoso, podese contemprar as paredes da antiga casa parroquíal, co seu corredor de madeira. Xunto a casa encontrase a capela, actualmente en estado de reconstrucción tras estar tamén en ruinas os últimos anos. Dicese que esta capela estaba situada anteriormente nas terras cercanas a igrexa, e logo transladada para o lugar actual. Estas construccións e as terras onde estan levantadas, intentaron ser vendidas polo bispado de Ourense, pero debido a oposición de tódola xente do pobo e despois de comprobarse que tamén pertenecen a la aldea, non puderon vendelas. |
|