É sinxela e case obrigada a recuperación do río Edo, en todo o séu percorrido e no dos séus afluintes, ata a desembocadura no río Sil. Era normal noutros tempos ver algún pescador, dende o camiño que corre paralelo o río no tramo comprendido entre a Ponte da Boga e Celeirón, mentres os rapaces facían unha parada no camiño a espera de ver como o habilidoso artista sacaba algunha troita da auga e a gardaba na cesta. Algúns destes pecadores eran menos deportistas e destinaban as súas presas a paparotas de amigos ou para regalos a familiares mayores e delicados de saúde. Había outros que eran profesionais e vendían o froito do seus esforzos e correrías en bares ou a familias para celebrar algún acontecemento. Eran constantes nesta actividade Xoan, coñecido co nombre de CACHÁN e O ZORRITO. Ambolos coñecian o río en tódolos séus tramos e recovecos e percorriano moitas veces no longo do ano, empezando na Abeleda e subindo ata o Castro, a donde soían chegar ca cesta chea. Había outro pescador moi amante deste río Edo; era de Monforte, e chamabase Mario, era dono dun bar, viña unha ou duas veces cada seman e levaba suministro para alguns dos seus habituais clientes que estaban agardando as troitas que levaba Mario do río da Abeleda. Non faltaba algún que outro pescador furtivo que colocaba “cordas”, o anoitecer, e madrugaba para recoller as súas presas antes de que o sol saíra; pero habías tamén capaces de envenenar o río con truvisco, previamente preparado en maceración, ou con sultafo o con cloruro. Os estragos eran moi cuantiosos, pois morrían peixes grandes e pequenos, pero pronto recuperaba, porque solía afectar a un tramo curto do río. Había tamén un veterán experto coñecedor do río e das custumes das troitas e anguías, que sabían en que lugares se escondían. Estes expertos utilizaban o procedemento de pesca “ a cachea”, consistente en buscar as troitas e as anguías nos seus refuxios, extraías c aman, sen axudan de ningún utensilio. O pescador “ a cachea” era normalmente bon nadador, porque con frecuencia tíña que ir a buscar as súas presas na profundidade dos pozos oscuros “nadando o sugurgullo”. É claramente aplicable a estes pescadores a expresión “ non se pillan as troitas cas bragas enxoitas”. Decían que algunha vez se atoparon con cobras en lugar de anguías e troitas. Pode que non fose certo e que non fose máis ca un truco do veteran para evitar a posible competencia de aspirantes novatos. Usaban tamen outro sistema para pescar anguías, o obsevar algunha queda no leito do río, intentaban cravala cun cuberto, amarrado na punta dun pao. A veces daba resultado.