Había no río Edo troitas, anguías e “peixes”. Era esta unha especie peculiar, parecidos os “peixes” do Leboreiro, de menos tamaño, sen sabor o lodo, porque vivian en augas batidas. Soían encontrarse nas presas do muíños o nos pozos formados naturalmente no leito do río. Andaban en bandadas e pescabanse con maior facilidade cas desconfiadas troitas, ca mesma cana e cebo; mioca de terra e con gusanos de abundaban no mesmo río, cubertos cun caparazón. A anguía era tamén abundante noutros tempos, incluso decían que pescaran unha no regato do Pino, nun pozo distante do río máis de cen metros. Actualmente vese algunha moi raras veces. Tanto as anguías como os “peixes” desaparaceron como consecuencia da riada producida por unha forte tormenta no mes de setembro de finais da decada dos 50 do pasado século. Arrasou completamente presas artificillas e pozos naturais do río e debeu de arrastrar troitas, anguías e “peixes” adultos e as súas larvas. En anos sucesivos normalizouse, sen ningunha intervención artificial, a repoblación das troitas, pro non ha de anguías, posiblemente a causa da contrucción de embalses en tódola conca do rios Miño e Sil. Os peixes parece ser que desapareceron definitivamente a consecuencia da riada. Nos últimos anos e frecuente ver algún pescador local, amante da pesca deportiva, en calquer tramo do río, e incluso algúns que se desprazan dende Ourense. O principio da tempada parecen satisfeitos cos resultados e sobre todo do gratificante da xornada e do afable trato coa xente. Non sería moi costoso pero si proveitoso para tódola comarca un pouco de atención o río Edo e os seús afluíntes, empezando pola repoblación normal en tódolos ríos, de troitas en cada tempada, e un estudio especial para reimplantación de “peixes”, ben partindo de ejemplares que poidan localizarse no propio río, ou ben utilizando outros similares de distinto ríos, por ejemplo do Leboreiro ou das