colas dos diverso embalses do río Navea, na sua conca media e alta. Como complemento de todo esto, unha vixiancia normal e atención de Medio Ambiente para controlar vertidos que poidan ser perxudiciais para o río. Conseguido todo isto, verianse coches de pescadores aparcados en distintos puntos da estrada de Monforte ó Castro, entre o embalse e Abeleda en Celeirón, “Os Muíños”, a “ Ponte das Táboas”, Sas de Penelas….. E veríase como suben o coche, a terminar a xornada satisfeitos do resultado y do magnifico día que pasaron, incluso co resto da familia. Os nenos e mulleres que non están en condición de percorrer o río en moitos tramos, poderían entreverse pescando peixes en pozos pretos o aparcamento do coche, de cómodo acceso. O úso xeralizado do móvil facilitaría a comunicación dos componentes do grupo.