| |
-------Así lle chamaba a xente os pobres que pedían a limosna percorrendo os pobos. Ningúen lles chamaba “mendigos”, ainda que algún atrevido sabiotodo xa mencionaba esa palabra. Solían ser sempre os mesmos, e polo tanto, coñecidos polos veciños. Era moi frecuente que os rapaces que estaban nos camiños, fóra da caasa, o velos cando aínda estaban lonxe, berraban os maiores: “ven ehí un hermano”, ou si cegaba a porta da casa sin ser visto antes, chamaba a atención dos que estaban dentro: “eiquí está un hermano”. Tódos sabían que o “hermano” era un pobre que pedía limosna, e as familias dacordo coa súa xenerosidade e posibilidades, socorríano con axudas xeralmente en especie, como comida ou roupa xa usada. Cando lle daban diñeiro, a cantidade era escasa, “unha cadela ou un can”. Algunhas familias facilitabanlle un lugar para pasala noite, aínda que fose unha palleira ou unha corte, cerca das vacas. Eso facíano sobre todo cando era coñecido por ser habitual do percorrido.
-------Había alguns que programaban a ruta de forma que coincidise a súa estancia nun determinado pobo coa celebración das festas patronais, ou ca tempada de matanzas, percatandose de que esas circustancias aumentaban a xenerosidade das xentes. O percorrido facíano a pe, de pobo en pobo, pateando ao longo de cada tempada moitos kilómetros. Se coincidía algún tramo de carretera, intentaban viaxar gratis nos coches de liña ou nos de feiras, o que o conseguían fácilmente, abusando da xenerosidade do revisor, precedida algunhas veces da graciosa petición do “hermano”, como era o caso do PARROMAO, chamado así por ser veciño de Pradomao, no concello de Parada do Sil, que él non pronunciaba correctamente, por algún defecto innado.
|
|