| |
O XULGADO MUNICIPAL, como é lóxico, tíña a súa sede na Teixeira, capital do concello, e nela se celebraban os suizos de faltas, que serían escasos, ainda que non deixaban de ser frecuentes as lirotas entre vecios mal queridos que, por calquer cousiña, se enfrentaban de palabra e a discusión xeneraba insultos, ameazas e, nalguns casos chegaban lesións. Si tiña que intervir a Garda Civil e o médico, ou si al liantes non conseguían apaciguarse, o que comenzase case por unha broma ou por un malentendido, as veces podia terminar no xulgado, e si os feitos, pola sua importancia non chegaban a categoría de delito, eran xulgados no XULGADO MUNICIPAL, con xurisdición no ámbito territorial de cada concello, calquera que fose a súa extensión e número de habitantes, os competentes para xulgar os feitos calificados como falta. A partires do ano 1944, estes Xulgados camarones Municipais, Comarcais e de Paz, de acordo coa importancia e número de habitantes de cada territorio.
Tamén eran competentes os XULGADOS MUNICIPAIS para resolver cuestións da indole civil, de escasa importancia, que sometían o seu conocemento e decisión dos veciños do respectivo concello, ou os propietarios de bens radicantes neste. Os litigios eran necesarios as veces, como ocorre sempre, antes e agora; pero outras veces tíñan a súa orixe en caprichos de un ou todolos participantes na liorta , suposto que reflexa perfectamente o dito popular, aplicable a todolos tempos: “puxenlle pleito ó veciño polo derrego dun leiro; levar levou todo a Curia, pero amolar amoleino”.
Os xuices municipais, cuia xurisdición comprendía os concellos de escasa importancia, como eran a mayoría da zona no rural, non eran profesionais do Dereito; e resolvían as cuestións apoiandose na experiencia e no senso común, ilustrados polo abogados das partes, ou por algún de confianza, si o problema era moi complicado e non se fiaban da versión interesada dos asesores dos litigantes. |
|