O Xulgado municipal desprazase para celebrar un xuizo de faltas .
 

----------O que esquí se relata, ocorreu polo ano 30 do pasado século, e era Xuiz Municipal da Teixeira Don Florentín Caneiro, Secretario Don Ricardo Enriquez “O Cachín”, e porteiro Xosé González, os tres eran veciños da Abeleda. So o Fiscal non tíña esta vecindade. Don Ricardo estaba casado cunha irmán de Don Xosé Mosquera, persoeiro moi influinte naqueles tempos, pois chegou a ser o representante e apoderado a fines electorais de D. Xosé Maria Gil Robles na provincia de Ourense. Nos sucesivos anos ocupou postos importantes en Madrid, entre eles o de Presidente Nacional da Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros. Non cabe duda de que ese nomeamento de Secretario debiallo a seu cuñado.
            O desprazamento dende a Abeleda ata a Teixeira no era cómodo naqueles tempos, había que facelo a pé, elixindo a distancia mais curta, baixando o “Muiño do Sardiñeiro”, e subindo logo por “As casas de Hidrás”, “Cruz de Lumeares” … Calquer outra ruta era semellante na distancia e na incomodidade. Para evitar estes molestos desplazamentos, os componentes do Xulgado, e os propios xusticiais parece razonable a decisión de celebra o Xuizo de Faltas a que este relato se refire na Abeleda, parroquia da que todos eran veciños.
            Había dúas familias que vivían constantemente enfrentadas por calquer pequeno incidente. As súas casas estaban separadas por outra, pero era constante o paso dos ocupantes delas por camiños situados diante de ambalas. Ademaís tíñan hortas lindantes entre si, e non eran fácil evitar que o gando dunha familia metese a cabeza e os dentes na da outra. Total que, sen motivo ou con él, as disputas eran moi frecuentes, ainda que, como vulgalmene se dice “non se falaban”. E menos mal que os homes de ambalas familias estaban o marxe da situación, pois, noutro caso, podían chegar acontecementos moi graves, pois todos eran bos mozos e corpulentos.

 
 
   
   

 

 
   
   
   
   
   
  Siguiente  
Páx:2
Salir del Artículo